|
|
|
|
Os paraguas
De mil cores
Veñen, van.
Unha pinga
Moi redonda
Nos fuciños
Do meu can.
¡Plin! ¡Plin! ¡Clan!
Docemente
Chora a nube,
Molla o chan.
Os rapaces
Algareiros
Empezan a
chapuzar.
¡Plin! ¡Plin! ¡Clan!
Chove moito,
moito chove,
Non ten trazas
De parar.
E nas pozas
E os tellados
Só se escoita o
¡Plin! ¡Plin! ¡Clan!
|
|
|
|
|